MAE BRUXA: CONXURO CONTRA O MAL.
MAE BRUXA: CONXURO CONTRA O MAL. Mouchos,coruxas,sapos e bruxas. Demos,trasgos e diaños, espiritos das nevoadas veigas. Corvos,pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras. Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas lume das santas compañas. Mal de ollo,negros meigallos, cheiro dos mortos,tronos e raios. Ouved do can,pregón da morte, fuciño do sátiro e pe do coello. Pecadora lingua de muller casada cun home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida. Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida. Con este fol,levantarei as chamas deste lume que asemella ó do inferno, e fuxirán as meigas a cabalo das suas escobas, índose bañar na praia das areas gordas, ¡Oíde! ¡Oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no augoardente, quedando así purificadas. E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento. Forzas do Ar,Terra,Mar e Lume ¡A vos fago esta chamada! Si é verdade que tedes máis poder que a humana xente, eiquí e agora,facede que os espiritos dos enemigos que estean fora: ¡Quèmense nesta Queimada! https://www.youtube.com/watch?v=TEo1B4IDRPM&list=RDTEo1B4IDRPM&start_radio=1&rv=TEo1B4IDRPM&t=27 00
0 comentarios